You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

martes, 31 de enero de 2017

Composcleta comeza os DomingoenBICI

DomingoenBICI


Dende a Asociación Composcleta queremos empezar este novo ano animando a tod@s a disfrutar da bicicleta en Compostela.
Un domingo ao mes realizaremos un paseo pola cidade aberto a todo o mundo de calquera idade. Comezamos o próximo
Domingo 5 de febrero
Quedaremos ás 12:00 no parque da Alameda en Santiago
Faremos un paseo amodiño pola cidade esperando polos rezagados e agrupándonos periódicamente para facilitar o acompañamento dos pequechos e os menos prácticos na bici.

Chegaremos ás 13:00 ao parque do Auditorio onde:
- un grupo nos amenizará con música
- tomaremos os aperitivos que cada un leve,
- charlaremos sobre a bici na nosa cidade,
- realizaremos unha ximcana para diversión dos pequenos
- un obradoiro de pedaleo seguro para os adultos sen experiencia
- un obradoiro de reparacións para os que o precisen.

As 13:30 daremos por finalizado o DomingoenBICI ata o mes seguinte, pero seguiremos en contacto polas redes para recoller e ir traballando as iniciativas que vaian xurdindo.
 Enbiciate con nós !
 composcleta@gmail.com

http://composcleta.blogspot.com.es

Este será o itinerario:

email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago