You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

domingo, 5 de febrero de 2017

PEDALANDO BAIXO A CHOIVA!!



A previsión meteorolóxica para o día 5 de febreiro non botou atrás a un nutrido grupo de ciclousuarios no primeiro DomingoenBICI, e ademais o tempo axudou a disfrutar dun paseo agradable en bici polas rúas de Compostela.

O dato curioso foi a elevada participación de familias con nenos, sen dúbida os que mellor o pasaron.

O itinerario, cuidadosamente planificado con zonas de reagrupamento, pasaba polas rúas do Ensanche, pero tamén polos parques da Alameda, Campus Universitario, Finca Vista Alegre e Parque da Música.

Acabado o percorrido,os participantes compartiron momentos de charla e picnic con música ambiental, mentres o nenos xogaban.

Dende a Asociación Composcleta informa que o vindeiro DomingoenBICI será o domingo 5 de marzo.
 Enbiciate con nós !

email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago