You can replace this text by going to "Layout" and then "Page Elements" section. Edit " About "

lunes, 6 de marzo de 2017

5 marzo 2017: O DomingoenBICI celebrouse de novo en Compostela



Tódolos primeiros domingos de cada mes, ás 12 da mañá, dende o paseo da Alameda, a asociación Composcleta co lema Enbiciate con nós! organiza unha pedalada urbana apta para todos, especialmente familias con nenos e persoas que non se senten seguras coa bicicleta.


O itinerario, coidadosamente planificado e con zonas de reagrupamento, pasou polo ensanche, a avenida de Ferrol, Sarta Marta, e o hospital finalizando no parque da Avenida de Barcelona, onde os participantes compartiron charla e pinchos.

O tempo acompañou e os participantes puideron disfrutrar dun paseo tranquilo e en compañia pola cidade sen mollarse, ... ainda que a previsión meteorolóxica fixo que a participación desta convocatoria foi mais reducida!!!

O vindeiro DomingoenBICI será o domingo 2 de abril.
 Enbiciate con nós !


http://composcleta.blogspot.com.es


email

email

Buscar

Grupo en Facebook

Twitter

Videos Composcleta Santiago